Estatutos do Sindicato Labrego Galego

De Wikisource

Artigo 1º- O SINDICATO LABREGO GALEGO-COMISIONS LABREGAS, denominarase tamén polas siglas SLG-CCLL. Coa fin de simplificar a nivel público o emprego do nome, utilizarase a fórmula SINDICATO LABREGO GALEGO, en siglas SLG.

O SLG-CCLL é un sindicato de base, democrático, progresista e independente, que defende un desenvolvemento harmonioso do mundo rural galego. O SLG-CCLL ten os seguintes principios básicos de actuación:

a)- A defensa dos intereses sociais, económicos, profesionais e culturais dos labregos e labregas galegas e, por extensión, de toda a sociedade rural galega.

b)- A democracia como mecanismo de funcionamento interno.

c)- A independencia e soberanía propia na toma de decisións.

d)- A solidariedade con tódolos labregos e labregas traballadores de Galiza e do mundo.

e)- A autoorganización endóxena dos labregos e labregas a tódolos niveis.

Artigo 2º- O SLG-CCLL ten como fins:

a)- Promover o desenvolvemento profesional, cultural e económico dos seus asociados e asociadas e de tódolos labregos e labregas galegas, facéndoo de xeito compatíbel coa conservación do medio natural e social do mundo rural galego.

Artigo 3º- Para acadar as fins referidas no apartado anterior compétenlle ao SLG-CCLL as seguintes funcións:

a)- Defender os intereses dos seus asociados e asociadas e dos labregos e labregas galegas en tódolos aspectos da actividade profesional agraria.

b)- Intervir no desenvolvemento profesional, cultural e de nivel de vida dos seus afiliados e afiliadas.

c)- Promover a constitución de mutuas, asociacións permanentes ou transitorias; e mesmo participar na creación de empresas, publicas ou privadas, para a defensa dos intereses económicos dos seus afiliados e afiliadas.

d)- En xeral, tódalas necesarias para acadar as fins referidas no artigo anterior.

Artigo 4º- O SLG-CCLL ten como ámbito territorial de actuación a Nación Galega.

Artigo 5º- O SLG-CCLL ten como ámbito profesional a defensa da explotación familiar agraria galega.

Artigo 6º- O SLG-CCLL constitúese por tempo indefinido

Artigo 7º-

1. O SLG-CCLL establece a súa sede central en Santiago de Compostela, na rúa Touro nº 21, 2º.

2. O cambio de domicilio da sede central dentro da propia localidade de Santiago de Compostela non requirirá modificación estatutaria algunha.

[editar] Enlaces externos

Ferramentas persoais