Endless Song of One Day

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Endless Song of One Day
de Oksana Bugayova
Interpretada polo grupo musical To Leave A Trace, 1º tema do seu álbum Fight Your Evil Side.
Todo chega á súa fin de seguida.
Os ceos tremerán.
O sol, a lúa, tornarán vermello.
Moi pronto!
Todo o sistema terrestre fallará.
Un día levarán
o libro da luz da superficie.
Non sabemos cando será.
Non sabemos cando todo cambiará.
Agora todos temos a oportunidade
de sacar o mellor que hai en nós:
a luz!
Deus daranos a confianza,
mirade para el fixamente.
Deus daranos a confianza.
Crede o que vos digo, Deus axudaranos
a morrer polos nosos pecados de acto e pensamento!
Esgótasenos o tempo!
Esgótasenos o tempo!
A xente esvaece na escuridade da noite,
que traga con eles ata chegar o amencer,
para logo volver empezar.
Día tras día, todo se repite,
pero para algúns desaparece para sempre nun intre.
A estrela da luz vai esvaecendo,
A canción sen fin dun día remata.
Agora todos temos a oportunidade
de vivir a vida ata o final.
Agora todos temos a oportunidade
de vivir a vida ata o final,
da man de Deus,
ata o final!
Oh!


Esta obra está protexida polos termos da licenza Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 Unported, que permite o libre uso, distribución e creación de obras derivadas, sempre e cando a licenza se manteña e se indique claramente, e se recoñeza a autoría da obra.