Depósito Legal e Subvencións en Galego

De Wikisource

Crystal kbackgammon engine.png Esta páxina debe ser revisada para adaptala ás convencións expostas en Libro de estilo. A súa axuda e benvida.

Índice

[editar] DEPÓSITO LEGAL ¿O QUE HAI QUE SABER?

O Depósito Legal é a obriga que teñen os impresores e os productores de facer entrega dun número determinado de exemplares de toda clase de impresos e materiais audiovisuais, reproducidos de forma múltiple e destinados á difusión, ben sexa gratuíta ou non. Esta obriga enmárcase no programa de Control Bibliográfico Universal (CBU) da IFLA (International Federation of Libraries Associations) e a Unesco, o que contribúen os distintos países mediante o Control Bibliográfico Nacional, que repousa en tres piares: Depósito Legal, Axencia Bibliográfica Nacional e Bibliografía Nacional.

[editar] FINALIDADE.

A súa misión é recolle-la producción bibliográfica e audiovisual de Galicia, competencia que corresponde á Consellería de Cultura e Xuventude.

[editar] TEN A OBRIGA DE FACE-LO DEPÓSITO LEGAL.

O impresor cando se trate de impresos, e dunha maneira subsidiaria o editor e o autor. Nas outras clases de obras esta obriga compételle ó productor. O productor para as obras audiovisuais. No caso de interviren diversos impresores ou productores, será responsable o impresor ou o productor da parte principal, sen quedaren exentos da responsabilidade subsidiaria os outros impresores ou productores implicados, para estes efectos enténdese como a parte principal o texto.

[editar] Ó IMPRESOR INTERÉSALLE SABER QUE...

Debe solicita-lo número do Depósito Legal cando imprima: libros de 50 páxinas en adiante; folletos de 4 a 49 páxinas. Inclúense neste concepto as separatas de artigos que teñan paxinación propia; follas soltas de 1 a 4 páxinas; partituras musicais; gravados: láminas, estampas, cromos, postais de nadal, anuncios artísticos, carpetas de láminas, barallas e postais ilustradas; mapas e planos; carteis anunciadores de espectáculos, festas e demais actos públicos; bandos e edictos; publicacións periódicas: revistas, diarios; naipes...

[editar] CASOS ESPECIAIS.

Se se imprime unha obra en varios volumes, todos levan o mesmo número do Depósito Legal. A segunda e sucesivas edicións dunha obra, así como as reimpresións coa máis lixeira variación, requiren novos números do Depósito Legal. Os cambios que se produzan nunha publicación periódica, ben sexa no seu formato, periodicidade, imprenta, etc., non implicarán o cambio do número do Depósito Legal. Unicamente haberá cambio do Depósito Legal cando se produzan variacións no título. O feito de que leve toda a publicación periódica o mesmo número do Depósito Legal non exime da entrega dos exemplares que se publiquen no sucesivo.

[editar] PRODUCTOR DE AUDIOVISUAIS.

Debe solicita-lo número do Depósito Legal cando faga: diapositivas destinadas á difusión e venda; impresións ou gravacións sonoras realizadas por calquera procedemento ou sistema empregado na actualidade ou no futuro; produccións cinematográficas, tanto de tipo argumental como documental, en calquera formato e duración, e vídeos; microformas destinadas á difusión ou venda en tódalas súas variedades, calquera que sexa o soporte ou formato; ficheiros de datos lexibles polo ordenador, cando os datos se comunican por medio de calquera soporte, lexible por máquina ou de forma visual, con fins de difusión ou venda; se unha mesma obra se reproduce en distintos soportes, cada un destes soportes considérase unha edición distinta, polo que levarán diferentes números de Depósito Legal; se nun mesmo soporte de información existen distintos sistemas (como ocorre co VHS e o BETA nos vídeos), considérase que son edicións diferentes e levan Depósito Legal distinto.

[editar] SOLICITUDE DO NÚMERO E CONSTITUCIÓN DE DEPÓSITO LEGAL.

Solicitarse o número do Depósito Legal cando a obra estea a punto de remata-las súa impresión ou producción. O Depósito Legal é gratuíto. Otorgado o número do Depósito Legal tense a obriga de remitir, posteriormente, os impresos de solicitude. Así se evita o desprazamento e se axiliza o servicio. Unha vez concedido o número a unha publicación, existe un prazo de sesenta días naturais para entrega-los exemplares correspondentes. Se este prazo non fose suficiente, pódese solicitar unha prórroga por escrito doutros sesenta días naturais. Acabado este período, o número será anulado e se a oficina correspondente non recibiu noticia neste sentido, iniciarase o pertinente expediente sancionador. A entrega dos exemplares da obra efectuarase dentro do prazo de trinta días naturais despois do remate da obra, o solicitante entregará na oficina correspondente os exemplares, completos e en perfecto estado, que han de constituí-lo depósito. A oficina de depósito legal facilitará resgardo de entrega, no que se farán consta-los datos do libro rexistrado e o cumprimento desta obriga legal. Se finalmente a publicación non se fai, comunicarase por escrito para proceder á anulación do número concedido.

[editar] NÚMERO DE EXEMPLARES A ENTREGAR E ONDE SE DEBE IMPRIMI-LO DEPÓSITO LEGAL NAS PUBLICACIÓNS.

5 exemplares das obras suxeitas ó ISBN; 4 exemplares das obras non suxeitas ó ISBN: follas soltas, publicacións periódicas (os periódicos que teñan varias edicións deben entregar 4 exemplares de cada unha delas -é o caso dos xornais de prensa-), partituras musicais, gravados, láminas, carteis, bandos e edictos, postais, diapositivas. 3 exemplares de: produccións cinematográficas: tamén no caso de obras sonoras ou de imaxes, microformas e ficheiros de datos lexibles polo ordenador; 1 exemplar de: obras en braille, obras de bibliófilo. Deste exemplares (dous en caso que leven ISBN e un sen ISBN), enviaranse cada mes á Biblioteca Nacional onde estea a oficina de Depósito Legal, permanecendo o resto nas distintas Bibliotecas Provinciais e no Centro Superior Bibliográfico de Galicia. Nas obras debe aparecer: as palabras: “Depósito Legal”; a sigla correspondente a A Coruña “C”, Lugo “LU”, Ourense “OUR”, Pontevedra “PO”, Vigo “VG”; o número asignado á obra e, por último, o ano no que se concedeu (exemplo: Depósito Legal LU-300-1992).

[editar] LUGAR ONDE DEBE APARECER IMPRESO.

Nos libros e nos folletos xunto xo ISBN, no reverso da portada ou na anteportada. Na prensa diaria e nas publicacións periódicas con formato periódico, na cabeceira de cada exemplar. Nas publicacións periódicas en forma de libros, no reverso da portada ou na anteportada. Os audiovisuais deben levalo na carátula ou na caixa que os protexe. No caso dos discos, ademais, na etiqueta central da placa. E nos que se poidan visionar, nos primeiros fotogramas. En xeral e para todo tipo de publicacións, debe ir en lugar visible.

[editar] INFRACCIÓNS.

Publicar unha obra sen estar solicitado o Depósito Legal. Publicala co Depósito Legal falso ou incompleto. Non facer entrega dos exemplares obrigatorios. Non cumplir cos prazos de tramitación, tanto de entrega dos exemplares coma nas prórrogas e anulacións. Será multado de acordo co artigo 11 do decreto 36/1991 do 1 de febreiro.

[editar] COMPRE SABER QUE...

O ISBN (International Standard Book umber) é un cógigo internacional que identifica tanto unha edición determinada dunha obra coma ó editor da mesma. En Españ é obrigatorio para os libros e folletos (incluídas as separatas) dende o ano 1972. O ISBN solicitao o editor dirixíndose directamente a Axencia Española do ISBN (Rúa Santiago Rusiñol, 8. 28040 Madrid. Teléfono 91-536 88 34 - 35 - 43). No caso de que o editor sexa a Xunta de Galicia, é a Consellería de Cultura e Xuventude a que dá o ISBN (Teléfono 981 56 47 05). Unha vez que o editor coñece o código asignado á súa obra, debe facilitarllo ó impresor que vai face-la tirada e este, á súa vez, facilitarallo á oficina de Depósito Legal cando solicite o número para a devandita obra. Se unha obra está constituída por varios volumes, levará un único Depósito Legal e un ISBN por cada volume, ademais de un para toda a obra. Como o ISBN identifica sempre unha edición, as segunda e sucesivas edicións e as reimpresións coa máis mínima variación precisan un ISBN novo. Os libros e folletos reproducidos en fotocopiadora NON levan ISBN, así como tampouco as publicacións periódicas.

[editar] O ISSN.

(International Standard Serial Number). É un código que identifica a unha publicación seriada, é dicir, periódicos, revistas, publicacións anuais (informes, anuarios, directorios, etc...), boletíns, memorias, actas de institucións ou congresos e series monográficas. Este cógigo existe e España dende 1987, e asígnao o Centro Nacional España ISSN (Biblioteca Nacional, Gabinete de Publicacións Seriadas. Paseo de Recoletos, 20-22 - 28070 Madrid). Debe solicita-lo o editor da publicación e irá acompañado do primeiro número da publicación xa impreso. O ISSN vai indisolublemente unido ó título da publicación, polo que no caso de que esta cambie de título deberá solicitar un novo ISSN.

[editar] ONDE SE PODE CONSEGUIR UN DEPÓSITO LEGAL.

En Galicia existen Oficinas para solicitalo. A Coruña (Rúa Durán Loriga, 3-7º - Teléfono 981 22 40 10); Lugo (Rúa Pintor Corredoira, 1-3º - Teléfono 982 29 42 52); Ourense (Avda. De la Habana, 105-3º - Teléfono 988 23 65 50); Pontevedra (Rúa Benito Corbal, 47 - Teléfono 986 85 07 00); Vigo (Rúa Uruguai, 21-1º - Teléfono 986 22 61 17). Ou na Consellería de Cultura e Xuventude. Dirección Xeral de Cultura. San Caetano, s/n - Santiago de Compostela - Teléfono 981 56 47 05.

[editar] SE DESEXA COÑECER MÁIS SOBRE A LEXISLACIÓN.

(Para coñecer máis deste decreto ver documento adxunto en formato *.pdf e en castelán)

[editar] ORDE DO 24 DE XANEIRO DE 2004 POLA QUE SE CONVOCAN SUBVENCIÓNS Á PRODUCCIÓN EDITORIAL PARA APOIAR A EDICIÓN DE OBRAS EN GALEGO, A TRADUCCIÓN Ó GALEGO, E A EDICIÓN NOUTRAS LINGUAS DE OBRAS PUBLICADAS ORIXINARIAMENTE EN GALEGO.

Un dos cometidos máis importantes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo é a promoción de obras editadas en lingua galega. Por iso, consciente da responsabilidade que lle corresponde en canto á normalización da nosa lingua, na procura de pór a disposición dos cidadáns que utilizan esta lingua con normalidade, obras que abrangan tódalas materias, incluídas as que teñan un mercado moi reducido.

Ó mesmo tempo promocionar a creación en galego para dar posibilidades a todos aqueles escritores que se decanten por utilizar a lingua galega como medio de expresión, sobre todo en disciplinas de pouca distribución como poesía, ensaio, etc.

Así mesmo, necesitan o apoio institucional para a súa edición os grandes proxectos editoriais, que polas súas características especiais: carácter enciclopédico, coor, participación de persoal especializado na súa elaboración, traballos complementarios de investigación, de campo etc. dan lugar a elevados custos de producción.

Outra faceta da normalización corresponde á traducción de obras escritas noutras linguas, buscando un mercado no que se atopen, na nosa lingua, obras de recoñecido prestixio ou que pola súa importancia se considere necesaria a súa distribución en galego.

Da mesma maneira é importante a difusión noutros mercados de obras dos nosos creadores, polo que se promoven axudas para a traducción e edición noutras linguas.

Por todo isto,

Dispoño:

[editar] Capítulo I. Disposicións Xerais.

Artigo 1º.

Convócanse subvencións á producción editorial para apoiar a edición en galego, a traducción ó galego, e a traducción e edición noutras linguas de obras escritas orixinariamente en galego. As subvencións concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 10.02.352.A.770.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, por un importe de setecentos cincuenta e un mil douscentos euros (751.200 €), e a cantidade de douscentos cincuenta e dous mil euros (252.000 €) para o ano 2005.

Artigo 2º.

1. Poderán optar a estas subvencións todas aquelas entidades que acrediten a súa condición de editores, coas limitacións que establecen os puntos 5 e 6 do artigo 3. 2. Non as poderán solicitar aqueles editores que anteriormente recibisen algunha outra subvención da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e non xustificasen o seu investimento.

Artigo 3º

Os editores que desexen acollerse ós beneficios desta orde elevarán petición dentro dos prazos establecidos nas correspondentes bases específicas, por medio de instancia dirixida ó conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, segundo os modelos que figuran como anexos desta orde, e presentarana no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo ou nas delegacións provinciais desta, sen prexuízo do establecido no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Presentarase unha solicitude por cada obra, á que se xuntará a documentación indicada nas bases específicas para a concesión das subvencións, así como a seguinte documentación xeral que só se presentará unha vez no caso de varias solicitudes da mesma editorial:

1. Fotocopia do NIF. 2. Acreditación da personalidade do solicitante e da súa representación, mediante fotocopia da escritura pública de constitución ou modificación, de ser o caso, da sociedade, e do poder notarial correspondente, ámbolos dous documentos debidamente inscritos no Rexistro Mercantil ou no rexistro que corresponda, de non ser sociedade mercantil. 3. Fotocopia do último recibo do imposto de actividades económicas. 4. Certificación orixinal da conta bancaria en que conste como titular a empresa solicitante. 5. Catálogo actualizado da producción realizada pola editorial, así como documentación acreditativa dunha actividade editorial ininterrompida mínima de dous anos. 6. Certificado asinado polo presidente ou director da editorial de ter publicados un mínimo de 10 títulos en galego durante os dous últimos anos. Quedan excluídos desta obriga as empresas que editan grandes obras. 7. Declaración responsable das subvencións solicitadas e/ou percibidas polas obras presentadas. A documentación relacionada nos puntos 1º e 2º poderá substituirse por certificación actualizada de figurar inscrito no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, a documentación relacionada nos puntos 1º e 2º poderá substituirse por declaración do presidente ou director da editorial na que se faga constar que esta documentación se atopa plenamente vixente con respecto á presentada para este mesmo fin en convocatorias de anos anteriores. As editoriais estranxeiras que concorran ás axudas para editar noutras linguas obras publicadas orixinariamente en galego quedan exentas de achega-la a documentación indicada no punto 6º. A Dirección Xeral de Promoción Cultural poderá pedir ós solicitantes que acheguen a documentación complementaria ou orixinais que considere necesaria para acreditar os datos que figuran na solicitude, incluíndo albaráns, facturas, certificados de tiraxe e de distribución, etc. Os beneficiarios das subvencións terán a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Artigo 4º

Recibidas as solicitudes de subvención e a súa documentación, serán analizadas e valoradas polos servicios competentes da Dirección Xeral de Promoción Cultural segundo os criterios de valoración establecidos no artigo 5º, e esta elevará a correspondente proposta ó conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo quen resolverá dentro das dispoñibilidades orzamentarias. No suposto de que non recaese resolución expresa dentro do prazo máximo previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o sentido do silencio será negativo.

Artigo 5º

Na valoración das solicitudes teranse en conta os seguintes aspectos: - Calidade da obra. - Calidade das obras contidas no catálogo. - Importancia do fondo editorial en galego ou relacionado con Galicia do editor solicitante. - Esforzo que supón para o editor a incidencia da obra en ámbitos de especial importancia cultural pero de pouca demanda comercial. - Grao de profesionalización dentro do sector editorial galego. - Continuidade dentro dunha colección. - Interese xeral da obra. - Interese da obra para as bibliotecas públicas.

Artigo 6º

1. A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo comunicará a resolución do conselleiro ós beneficiarios das axudas, que deberán comunicar a súa aceptación por escrito no prazo de 15 días naturais contados a partir da recepción desta agás nas subvencións concedidas o amparo do artigo 9º que se considera aceptada coa entrega dos exemplares equivalentes á subvención concedida. A omisión desta comunicación dará lugar ó arquivo do expediente sen máis trámite. 2. Os beneficiarios das subvencións, unha vez aceptadas estas, quedarán obrigados a xustificalas segundo se indica nas bases específicas para a concesión das subvencións, así como, destinar os fondos percibidos para o obxecto concreto para o que foron concedidos e non poderán solicitar cambios para outros proxectos. A Dirección Xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución dos proxectos subvencionados. 3. Recibidos os exemplares e a documentación á que se fai referencia nas bases específicas para a concesión das subvencións, a Dirección Xeral de Promoción Cultural, de atopalos conformes, proporá o libramento dos fondos, de acordo co calendario sinalado nas ditas bases e a normativa orzamentaria vixente. 4. O libramento do importe da subvención, mesmo nos dous prazos das plurianualidades, realizarase de acordo coa normativa orzamentaria aplicable, esixíndose certificacións expresas orixinais e actualizadas de non ter contraída ningunha débeda, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia, e de estar ó corrente nas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

Artigo 7º

No caso de que o beneficiario da subvención incumprise algunha das condicións ou obrigas estipuladas, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo instruirá expediente de reintegro ou sancionador segundo establece o Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 8º

Contra os ditos actos resolutivos, que esgotan a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo de dous meses, contados dende a recepción da notificación da resolución ou, potestativamente interpoñer, no prazo dun mes dende a recepción da resolución, recurso de reposición diante do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

[editar] Capítulo II: Bases específicas para a concesión das subvencións.

Artigo 9º. Subvencións a obras xa editadas en lingua galega.

1. As obras deberán estar publicadas en galego segundo a lexislación vixente (Lei 3/1983, do 15 de xuño, disposición adicional, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro). 2. A contía de cada subvención, non poderá superar a cantidade de 2.700 (dous mil setecentos.-) euros por libro, e consistirá no equivalente ó 75% do prezo de venda ó público (IVE incluído), dun máximo de 300 exemplares. Os libros de lectura infantil e xuvenil ata un límite de 400 exemplares. 3. As solicitudes poderán presentarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de xuño de 2004. 4. A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo á vista do número de solicitudes presentadas e das dispoñibilidades orzamentarias, irá facendo sucesivas resolucións, ata o remate do prazo de presentación de solicitudes. 5. Ademais da documentación solicitada no artigo 3º da presente orde, deberase presentar: - Constancia documental da existencia dun contrato debidamente asinado co autor que respectará o establecido na Lei de propiedade intelectual, ou ben xustificante de ter os dereitos para a publicación da obra. - Un exemplar da obra editada para a que se solicita subvención. - Certificado de tiraxe expedido polo editor. 6. Para que un libro poida optar a estas subvencións terá que cumprir as seguintes condicións: - Ter como mínimo 50 (cincuenta) páxinas, agás os libros infantís. - Ter unha tiraxe mínima de 800 exemplares e máxima de 3.000. - Posuír o número de ISBN e o do depósito legal definitivo, debendo estar feito o depósito de exemplares considerado no Decreto 43/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de depósito legal. O depósito legal terá data posterior ó 30 de xuño de 2003. 7. Non poderán acollerse ás subvencións desta orde: - As publicacións destinadas a uso escolar, ben como libro de texto, ben como material complementario. - As que non sexan primeiras edicións, a non ser que estas conteñan estudios que acheguen novidades substanciais. - As publicacións de difusión gratuíta. - As que carezan de contrato de dereitos de autor. - As que teñan un prezo de venda ó público (incluído IVE) superior a 30 euros. 8. Para xustificar as subvencións deberán entregarse, nun prazo de quince días naturais contados a partir da comunicación da resolución, os exemplares equivalentes á subvención concedida.

Artigo 10º. Subvencións para editar en lingua galega grandes proxectos editoriais.

1. Estas subvencións terán carácter plurianual, pagándose o 20% no ano 2004 e o 80% restante no 2005, segundo o disposto no art. 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, podendo a consellería comprometer outras fases do proxecto editorial, de acordo coas súas dispoñibilidades orzamentarias. 2. As obras para subvencionar publicaranse en galego segundo a lexislación vixente (Lei 3/1983, do 15 de xuño, disposición adicional, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro). 3. As solicitudes deberán presentarse no prazo de 40 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. 4. Ademais da documentación solicitada no artigo 3º desta orde, presentarase: - Calendario de investimentos para desenvolver cada proxecto editorial. - Características técnicas e memoria explicativa do proxecto de edición. - Modelo de contrato que a editorial asinaría co autor ou autores da obra e que respectará o establecido na Lei de propiedade intelectual. - Previsión de tiraxe e prezo de venda ó público (IVE incluído). 5. O importe de cada subvención establecerase, de acordo coa dispoñibilidade orzamentaria, ata un máximo de 60.000 euros, nunha cantidade equivalente ó 75% do prezo de venda ó público para un máximo de 500 exemplares. A contía fixada na resolución poderá ser revisada á baixa polo órgano responsable da concesión da axuda, se o prezo de venda ó público e a tirada definitiva certificada non concordase co inicialmente declarado na solicitude. 6. Os beneficiarios farán constar na páxina de créditos de cada un dos exemplares da tirada o seguinte texto: “Esta obra foi subvencionada pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Dirección Xeral de Promoción Cultural, na convocatoria de subvencións para o ano 2004”. 7. A contía que hai que pagar para cada anualidade librarase trala xustificación previa, antes do 1 de novembro de cada exercicio, do investimento realizado así como texto completo da obra. Para o cobro da segunda anualidade presentarase tamén a copia do contrato definitivo co autor ou autores, debidamente asinado por ámbalas dúas partes, así como o correspondente número de exemplares da obra subvencionada.

Artigo 11º. Subvencións para a traducción de obras escritas e publicadas orixinariamente en lingua distinta do galego.

1. Estas subvencións terán carácter plurianual, pagándose o 20% da subvención no ano 2004 e o 80% restante no ano 2005, segundo o disposto no art. 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, podendo a consellería comprometer outras fases do proxecto editorial, de acordo coas súas dispoñibilidades orzamentarias. 2. As obras publicaranse en galego segundo a lexislación vixente (Lei 3/1983, do 15 de xuño, disposición adicional, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro). 3. As solicitudes deberán presentarse no prazo de 40 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. 4. Ademais da documentación solicitada no artigo 3º da presente orde deberá presentar: - Calendario de investimentos para desenvolver cada proxecto editorial. - Modelo de contrato que a editorial asinaría co traductor da obra e que respectará o establecido na Lei de Propiedade Intelectual. - Un exemplar completo da obra que se vai traducir. - Xustificante, se houber lugar, de ter os dereitos precisos para a publicación da obra. 5. A subvención consistirá no pagamento dunha porcentaxe da traducción que pode ir do 50% ó 75%, segundo as tarifas da asociación de traductores galegos, ata un máximo de 6.000 euros. 6. Os beneficiarios farán constar na páxina de créditos de cada un dos exemplares da tirada o seguinte texto: “Esta obra foi subvencionada pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Dirección Xeral de Promoción Cultural, na convocatoria de subvencións para o ano 2004”. 7. A contía que correspondese a cada anualidade librarase trala xustificación previa do investimento realizado nesta, antes do 1 de novembro de cada exercicio. No último ano presentarase tamén o xustificante do pagamento realizado ó traductor, se este non fora presentado xa no primeiro ano, así como 5 exemplares da traducción editada.

Artigo 12º. Subvencións para editar noutras linguas obras publicadas orixinariamente en galego.

1. Estas subvencións terán carácter plurianual, pagándose o 20% da subvención no ano 2004 e o 80% restante no ano 2005, segundo o disposto no art. 58 do texto refundido da Lei de Réxime Financeiro e Orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, podendo a consellería comprometer outras fases do proxecto editorial, de acordo coas súas dispoñibilidades orzamentarias. 2. A contía de cada subvención será de 20 a 30 (vinte a trinta.-) euros por páxina para as obras que se vaian editar en linguas da Península Ibérica, e de 25 a 50 (vintecinco a cincuenta.-) euros por páxina para as obras que se editen nas outras linguas do mundo, ata un máximo, en tódolos casos, de 6.000 (seis mil.-) euros por obra. Tómase como páxina tipo a de 1.800 caracteres e para a realización do cómputo utilizarase o libro editado en galego. 3. Ademais da documentación solicitada no artigo 3º da presente orde, deberá presentar: - Calendario de investimentos para cada proxecto editorial. - Modelo dos contratos que a editorial asinaría co autor, autores ou traductor da obra e que respectará o establecido na Lei de propiedade intelectual. - Un exemplar da obra para a que se solicita subvención, con indicación do idioma ó que vai ser traducida. - Unha vez concedida a subvención e antes do pagamento da primeira anualidade deberá presentar acordo de cesión dos dereitos. 4. As solicitudes deberán presentarse no prazo de 40 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. 5. Os beneficiarios farán constar na páxina de créditos de cada un dos exemplares da tirada o seguinte texto: “Esta obra foi subvencionada pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Dirección Xeral de Promoción Cultural, na convocatoria de subvencións para o ano 2004”. 6. A contía que hai que pagar para cada anualidade librarase trala xustificación previa do investimento realizado nesta antes do 1 de novembro de cada exercicio. No último ano presentarase tamén o xustificante do pagamento realizado ó traductor, se este non fora presentado xa no primeiro ano, así como 15 exemplares da obra editada.

[editar] DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS

Primeira.- Facúltase á Dirección Xeral de Promoción Cultural para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.- Esta orde entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

[editar] Nota Final

Os teléfonos expostos arriba para solicitalos Depósitos Legais, poden estar operativos, pero non se fai cargo se unha vez publicado este artigo algun dos números sexa cambiado ou deixe, por calquera circunstancia de estar operativo. Para calquera dúbida é mellor preguntar en calquer administración da Xunta de Galicia ou no Concello.

Ferramentas persoais