Cantiga XX : Virga de Jesse

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Cantiga XX (Cantigas de Santa María)       Afonso X o Sabio      
 


Esta é de loor de Santa Maria, por quantas mercees nos faz

Virga de Jesse,
quen te soubesse
loar como mereces,
e sen ouvesse
per que dissesse
quanto por nos padeces!
 
Ca tu noit' e dia
senpr' estás rogando
teu Fill', ai Maria,
por nos que, andando
aqui peccando
e mal obrand' -o
que tu muit' avorreces-
non quera, quando
sever julgando,
catar nossas sandeces.

Virga de Jesse,
quen te soubesse
loar como mereces,
e sen ouvesse
per que dissesse
quanto por nos padeces!
 
E ar todavia
sempr' estás lidando
por nos a perfia
o dem' arrancando,
que, sossacando,
nos vai tentando
con sabores rafeces;
mas tu guardando
e anparando
nos vas, poi-lo couseces.

Virga de Jesse,
quen te soubesse
loar como mereces,
e sen ouvesse
per que dissesse
quanto por nos padeces!
 
Miragres fremosos
vas por nos fazendo
e maravillosos,
per quant' eu entendo,
e corregendo
muit' e soffrendo,
ca non nos escaeces,
e, contendendo,
nos defendendo
do demo, que sterreces.

Virga de Jesse,
quen te soubesse
loar como mereces,
e sen ouvesse
per que dissesse
quanto por nos padeces!
 
Aos soberviosos
d'alto vas decendo,
e os omildosos
en onrra crecendo,
e enadendo
e provezendo
tan santas grãadeces.
Poren m' acomendo
a ti e rendo,
que os teus non faleces.

Virga de Jesse,
quen te soubesse
loar como mereces,
e sen ouvesse
per que dissesse
quanto por nos padeces!

Anterior:
Cantiga XIX : Gran sandece faz quen se por mal filla
Cantigas de Santa María Seguinte:
Cantiga XXI : Santa Maria pod' enfermos guarir