Cantiga XIV : Par Deus, muit'é gran razon

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Cantiga XIV (Cantigas de Santa María)       Afonso X o Sabio      
 


Esta é como Santa Maria rogou a seu fillo pola alma do monge de San Pedro, por que rogaran todo-los santos, e o non quis fazer senon por ela.

Par Deus, muit'é gran razon
de poder Santa Maria | mais de quantos Santos son.

E muit' é cousa guysada | de poder muito con Deus
a que o troux' en seu corpo, | e depois nos braços seus
o trouxe muitas vegadas, | e con pavor dos judeus
fugiu con el a Egipto, | terra de rey Faraon.

Par Deus, muit'é gran razon
de poder Santa Maria | mais de quantos Santos son.

Esta Sennor groriosa | quis gran miragre mostrar
en un mõesteir' antigo, | que soya pret' estar
da cidade de Colonna, | u soyan a morar
monges e que de San Pedro | avian a vocaçon.

Par Deus, muit'é gran razon
de poder Santa Maria | mais de quantos Santos son.


Entr' aqueles bõos frades | avia un frad' atal,
que dos sabores do mundo | mais ca da celestial
vida gran sabor avia; | mas por se guardar de mal
beveu ha meeza, | e morreu sen confisson.

Par Deus, muit'é gran razon
de poder Santa Maria | mais de quantos Santos son.

E tan toste que foi morto, | o dem' a alma fillou
dele e con gran lediça | logo a levar cuidou;
mas defendeu-llo San Pedro, | e a Deus por el rogou
que a alma do seu monge | por el ouvesse perdon.

Par Deus, muit'é gran razon
de poder Santa Maria | mais de quantos Santos son.

Pois que San Pedr' esto disse | a Deus, respos-ll' el assi:
«Non sabes la profecia | que diss' o bon rei Davi,
que o ome con mazela | de peccado ante mi
non verrá, nen de mia casa | nunca será conpannon?»

Par Deus, muit'é gran razon
de poder Santa Maria | mais de quantos Santos son.

Mui triste ficou San Pedro | quand' esta razon oyu,
e chamou todo-los Santos | ali u os estar vyu,
e rogaron polo frade | a Deus; mas el recodiu
ben com' a el recodira, | e en outra guisa non.

Par Deus, muit'é gran razon
de poder Santa Maria | mais de quantos Santos son.

Quando viu San Pedr' os Santos | que assi foran falir,
enton a Santa Maria | mercee lle foi pedir
que rogass' ao seu Fillo | que non quisess' consentir
que a alma do seu frade | tevess' o dem' en prijon.

Par Deus, muit'é gran razon
de poder Santa Maria | mais de quantos Santos son.

Log' enton Santa Maria | a seu Fill' o Salvador
foi rogar que aquel frade | ouvesse por seu amor
perdon. E diss' el: «farey-o | pois end' avedes sabor;
mas torn' a alma no corpo, | e compra ssa profisson.»

Par Deus, muit'é gran razon
de poder Santa Maria | mais de quantos Santos son.

U Deus por Santa Maria | este rogo foi fazer,
o frade que era morto | foi-ss' en pees log' erger,
e contou ao convento | como ss' ouver' a perder,
se non por Santa Maria, | a que Deus lo deu en don.

Par Deus, muit'é gran razon
de poder Santa Maria | mais de quantos Santos son.

Anterior:
Cantiga XIII : Assi como Jesu-Cristo
Cantigas de Santa María Seguinte:
Cantiga XV : Todo-los Santos que son no Ceo